Concello de Monforte de Lemos

Concello de Monforte de Lemos Monforte, cidade monumental e de servizos ¿Sabía que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte?

Esta é unha das moitas sorpresas que lle agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos e centros de interese, ademáis de hoteis, restaurantes, taperías, tendas e lugares para relaxarse despois dun día de excursións. Aquí encontrará tamén con facilidade, servizos que pode precisar durante as súas vacacións: bancos, hospital, farmacias, librarías, cine, tren, autobu

ses, etc. Ademais Monforte é a capital da Ribeira Sacra, un paraíso no interior de Galicia que merece a pena descubrir.

🎉 Monforte celebra hoxe o día grande das Festas de San Antonio, unha das tradicións máis queridas e participativas da no...
13/06/2026

🎉 Monforte celebra hoxe o día grande das Festas de San Antonio, unha das tradicións máis queridas e participativas da nosa cidade.

O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado por membros do Equipo de Goberno, participou nos actos relixiosos e institucionais desta xornada festiva, que incluíron a misa solemne e a tradicional procesión polas rúas das inmediacións da igrexa.

🌹 Como marca a tradición, os devotos lanzaron pétalos de rosas sobre a imaxe de San Antonio durante o percorrido.

🤝 O Concello de Monforte continúa apoiando estas celebracións, consideradas polo Alcalde como as “segundas patronais de Monforte”, colaborando na súa organización e reforzando os servizos municipais para contribuír ao éxito dun evento que forma parte da identidade da nosa cidade.

🎶 As festas continúan esta tarde e mañá domingo con música, actividades infantís e propostas para todas as idades.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-equipo-goberno-actos-honra-san-antonio-festivo-local

🎶 A música volveu encher esta tarde a rúa Cardeal cunha nova edición do Conservatorio na rúa, unha iniciativa organizada...
12/06/2026

🎶 A música volveu encher esta tarde a rúa Cardeal cunha nova edición do Conservatorio na rúa, unha iniciativa organizada polo Concello de Monforte a través do Conservatorio Municipal de Música “Mestre Ibáñez”.

O Alcalde, José Tomé, acompañado por membros do equipo de goberno, asistiu a este evento que levou o talento do alumnado e profesorado ao centro da cidade, nun ano no que, ademais, o Conservatorio celebra o seu 25 aniversario.

🎼 As actuacións desenvolvéronse en distintos puntos da rúa peonil e culminaron cun concerto da orquestra do Conservatorio dirixida por Fernando Sanmartino.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-asiste-conservatorio-rua-musica-cardenal

🩰✨ Este domingo, a Escola Municipal de Danza celebra o Festival Fin de Curso, unha cita na que as alumnas amosarán o tra...
12/06/2026

🩰✨ Este domingo, a Escola Municipal de Danza celebra o Festival Fin de Curso, unha cita na que as alumnas amosarán o traballo desenvolvido ao longo deste curso nas especialidades de ballet clásico e danza contemporánea.

📅 Domingo
🕡 18:30 horas
📍 Auditorio do Edificio Multiusos
🎟️ Entrada gratuíta

O festival está aberto a todo o público e contará tamén coa participación como convidados do alumnado da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense.

Durante a gala poderanse desfrutar diferentes disciplinas e coreografías de ballet clásico, danza contemporánea, flamenco, danza oriental, bailes urbanos, Broadway e ritmos latinos.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/multiusos-monforte-acolle-festival-fin-curso-escola-municipal-danza

📢 COMUNICADO OFICIALO Concello de Monforte acordou cancelar o concerto de Beret, previsto para o vindeiro 15 de agosto d...
12/06/2026

📢 COMUNICADO OFICIAL

O Concello de Monforte acordou cancelar o concerto de Beret, previsto para o vindeiro 15 de agosto dentro do programa musical das Festas Patronais 2026.

Esta decisión adóptase tras as informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre o artista e mentres non se esclareza a súa situación legal.

O Concello xa trasladou á empresa responsable da organización musical das Festas a instrución de iniciar os trámites necesarios para a suspensión do concerto e, ao mesmo tempo, traballar na procura dun novo artista que o substitúa na mesma data.

➡️ Informarase da nova proposta musical tan pronto como sexa posible.
https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-cancela-concerto-beret-festas-patronais

🎶 O Conservatorio Municipal 'Mestre Ibáñez' de Monforte saca a música á rúa 🎶Mañá, venres 12 de xuño, de 19.00 a 20.30 h...
11/06/2026

🎶 O Conservatorio Municipal 'Mestre Ibáñez' de Monforte saca a música á rúa 🎶

Mañá, venres 12 de xuño, de 19.00 a 20.30 horas, as rúas peonís Cardeal e Hermida Balado converteranse nun escenario ao aire libre coa celebración dunha nova edición do “Conservatorio na rúa”, organizado polo Concello de Monforte a través deste centro formativo.

🎻🎹🎺 Alumnado e profesorado ofrecerán diferentes actuacións musicais en varios puntos destas céntricas rúas da cidade.

O Concello de Monforte convida á veciñanza a desfrutar desta iniciativa que achega a música á rúa e permite coñecer de preto o traballo formativo que se desenvolve no Conservatorio.

📍 Rúas Cardeal e Hermida Balado
📅 Venres, 12 de xuño
⏰ De 19.00 a 20.30 h

🎵 Non perdas esta cita coa música e co talento monfortino!

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-celebra-conservatorio-rua-cardeal-hermida-balado

🏆♻️ O Alcalde, José Tomé Roca, recolleu en Madrid o premio Escoba de Platino 2026. Na entrega do galardón, no marco da F...
11/06/2026

🏆♻️ O Alcalde, José Tomé Roca, recolleu en Madrid o premio Escoba de Platino 2026. Na entrega do galardón, no marco da Feira Internacional de Urbanismo y Medio Ambiente (TECMA), celebrada en IFEMA, o rexedor estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o técnico municipal de Medio Ambiente, Juan Carlos Prado.

🌱 Este importante recoñecemento, concedido por ATEGRUS, distingue ao Concello de Monforte pola integración do Punto Limpo e do Centro Verde no servizo municipal de recollida de residuos e limpeza viaria, un modelo que permitiu mellorar a eficiencia, a coordinación e a trazabilidade na xestión dos residuos.

📊 Dende a implantación deste sistema integrado:
✅ Máis de 528.000 kg de residuos xestionados entre o Punto Limpo e o Centro Verde.
✅ 1.389 avisos atendidos no servizo de recollida porta a porta.
✅ 24.120 kg retirados de verteduras incontroladas.

🧹 Esta é xa a cuarta Escoba de Platino que recibe Monforte nos últimos seis anos, tras as obtidas en 2020, 2022 e 2024, consolidando ao noso concello como referente en sustentabilidade, innovación e calidade nos servizos urbanos.

💬 "O premio é un recoñecemento ao traballo realizado para modernizar e facer máis eficiente un servizo esencial para a cidadanía e á nosa aposta por unha xestión integrada, sostible e coordinada", destacou o Alcalde.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-recibe-madrid-escoba-platino-2026-integracion-punto-limpio-centro-verde

📚🎨 Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026A Concelleira de Cultura, Ensino e...
10/06/2026

📚🎨 Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026

A Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, fixo entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2026", organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial de Lugo.

Baixo o lema "Medrar lendo", os rapaces e rapazas participantes demostraron unha vez máis a súa creatividade, talento e compromiso coa nosa lingua e cultura.

🎁 Os premiados recibiron un diploma e unha bolsa con libros e xogos de mesa nun acto celebrado na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

👏 Parabéns a todos os participantes pola calidade dos traballos presentados e grazas por contribuír á defensa e posta en valor da cultura galega.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concelleira-cultura-monforte-entrega-premios-narracion-debuxo-infantil-letras-galegas

🚧 Licitadas as obras de mellora do pavimento en varios viais de Piñeira por un importe de 281.000 €.A Xunta de Goberno L...
10/06/2026

🚧 Licitadas as obras de mellora do pavimento en varios viais de Piñeira por un importe de 281.000 €.

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación de dúas actuacións que permitirán renovar a vía entre As Bodegas e A Regueira, así como os viais que conectan O Bosque coa estrada do Reboredo.

Estas obras forman parte do plan de investimentos en infraestruturas viarias impulsado polo Equipo de Goberno de José Tomé, cun orzamento global superior a 1 millón de euros, destinado á mellora de rúas e vías tanto no casco urbano como no rural.

🛣️ Investimento na vía As Bodegas–A Regueira: 177.770,29 €
🛣️ Investimento nos viais O Bosque–Reboredo: 103.825,63 €
📅 Prazo de presentación de ofertas: ata o 29 de xuño
⏳ Prazo de execución: 1 mes

O Alcalde José Tomé destacou que este programa de actuacións permitirá reforzar a seguridade viaria, mellorar as comunicacións e seguir incrementando a calidade de vida da veciñanza.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/licitadas-obras-mellora-pavimento-viais-pineira

🎶 Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso e matrícula no Conservatorio Municipal de Música "Mestre Ibáñez"...
09/06/2026

🎶 Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso e matrícula no Conservatorio Municipal de Música "Mestre Ibáñez" para o curso 2026-2027.

🎻 Especialidades ofertadas:
Violín, guitarra, piano, percusión, bombardino, clarinete, saxofón, tuba, trompa, trompeta e trombón de varas.

📌 Prazos e probas:

🎵 1º curso de Ensinanzas Elementais
(Non require coñecementos musicais previos)
🗓 Inscrición ata o 23 de xuño
📝 Proba: 25 de xuño ás 12:00 h

🎼 1º curso de Grao Profesional (pase de grao)
🗓 Inscrición ata o 16 de xuño
📝 Proba: 17 de xuño ás 16:00 h

🎺 Outros cursos de Ensinanzas Elementais e Profesionais
🗓 Inscrición ata o 16 de xuño
📝 Proba: 18 de xuño ás 16:00 h

📚 Renovación de matrícula: do 6 ao 16 de xuño.
👥 Matrícula novo alumnado admitido: ata o 30 de xuño.

ℹ️ Máis información:
📞 982 403 893
📧 [email protected]

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/concello-monforte-abre-prazo-probas-acceso-matricula-conservatorio-musica-2026-2027

🌍 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este martes en Sober na xuntanza que o Conselleiro de Cultura, José ...
09/06/2026

🌍 O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este martes en Sober na xuntanza que o Conselleiro de Cultura, José López Campos, mantivo cos rexedores da Ribeira Sacra para analizar polo miúdo o informe do Consello Internacional de Monumentos e Sitios-Icomos sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

🏔️ O encontro tivo lugar no Áurea Palacio de Sober e serviu para valorar as consideracións recollidas no informe deste organismo consultivo da Unesco e valorar o traballo que se vai realizar nas próximas semanas para incorporar as achegas necesarias na recta final da defensa desta candidatura.

⭐ Neste senso, José Tomé lembra que as consideracións dos técnicos do Icomos non son vinculantes, e serán os embaixadores e embaixadoras dos 21 países que forman parte do Comité do Patrimonio Mundial os que terán a última palabra na presentación final da candidatura, que terá lugar o vindeiro mes de xullo en Corea del Sur.

✅ O rexedor puxo en valor o traballo e as xestións realizadas polo Ministerio de Cultura con este proxecto e a colaboración coa Xunta de Galicia perante “un reto compartido que é a incorporación da Ribeira Sacra ao catálogo de lugares Patrimonio da Humanidade”.

👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-participa-sober-xuntanza-informe-icomos-ribeira-sacra-patrimonio-mundial

Dirección

Campo De Santo Antonio S/n
Monforte De Lemos
27400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Monforte de Lemos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir